Eliminar unha aplicación do seu teléfono
Pode eliminar as aplicacións instaladas que xa non desexe manter ou utilizar para
aumentar a cantidade de memoria dispoñible.
Seleccione >
Axustes
e
Instalacións
.
1 Seleccione
Xa instaladas
.
2 Prema prolongadamente a aplicación que desexe eliminar e, a continuación,
seleccione
Desinstalar
.
Se elimina unha aplicación, só poderá instalala de novo se posúe o ficheiro de
instalación orixinal ou unha copia de seguridade completa da aplicación eliminada. É
posible que non poida abrir ficheiros creados cunha aplicación eliminada.
Se unha aplicación instalada depende dunha aplicación eliminada, é posible que a
aplicación instalada deixe de funcionar. Para obter máis información, consulte a
documentación do usuario da aplicación instalada.
É posible que os ficheiros de instalación utilicen grandes cantidades de memoria e lle
impidan almacenar outros ficheiros. Utilice Nokia Suite para facer unha copia de
seguridade dos ficheiros de instalación nun ordenador compatible e, a continuación,
utilice o xestor de ficheiros para eliminar os ficheiros da memoria do teléfono.
118 Xestión do teléfono