Bloquear o seu teléfono remotamente
Esqueceu o seu teléfono no traballo e desexa bloquealo para evitar o uso non
autorizado? Pode bloquear o seu teléfono remotamente utilizando unha mensaxe de
texto predefinida. Tamén pode bloquear a tarxeta de memoria remotamente.
Activar o bloqueo remoto
1 Seleccione >
Axustes
>
Teléfono
>
Xestión do teléfono
e
Axustes
seguridade
>
Teléfono e tarxeta SIM
>
Bloqueo teléfono remoto
>
Activado
.
2 Introduza o contido da mensaxe de texto. Pode conter entre 5 e 20 carácteres e
pódense utilizar tanto as letras maiúsculas como minúsculas.
3 Introduza o mesmo texto de novo para verificalo.
4 Introduza o código de bloqueo.
Enviar a mensaxe de bloqueo
Para bloquear o teléfono remotamente, escriba o texto predefinido e envíeo ao seu
teléfono como mensaxe de texto.
Para desbloquear o teléfono, necesitará o código de bloqueo.
Xestión do teléfono 121