Ver a televisión da web
Pode manterse informado da actualidade e poñerse ao día cos últimos episodios das
súas series de TV favoritas.
Seleccione a e un servizo de televisión web.
Para poder transmitir contido por teléfono, cómpre unha conexión 3G, 3.5G ou Wi-
Fi. A utilización de servizos de televisión da web pode implicar a transmisión de
grandes cantidades de datos. Se desexa obter información verbo das tarifas de
transmisión de datos, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos de rede.
A selección de servizos de televisión da web preinstalados depende do fornecedor
do servizo de rede e do país. O contido dos servizos de televisión da web varía en
función do servizo.
1 Para explorar o contido de TV na web, pase o dedo pola pantalla.
2 Para iniciar a reprodución, seleccione a imaxe en miniatura.
3 Para amosar ou ocultar os controis durante a reprodución, toque a pantalla.
78
Vídeos e TV
4 Para cambiar o volume, use as teclas de volume.
Engadir un widget de televisión da web á súa pantalla de inicio
Manteña premida unha área baleira da pantalla Inicio e seleccione
Engadir widget
e
o servizo de TV na web que desexe.