Utilizar o teléfono fóra de liña
Nos lugares onde non queira realizar nin recibir chamadas, aínda pode acceder ao seu
calendario, lista de contactos e xogos fóra de liña se activa o perfil Desconectado.
Apague o teléfono cando non se permita o uso do teléfono móbil ou cando poida
provocar interferencias ou resulte perigoso.
Manteña premida a tecla de acendido
e seleccione
Fóra de liña
.
Ao activar o perfil desconectado, a conexión coa rede móbil péchase. Impídese o envío
e recepción de todos os sinais de radiofrecuencia entre o teléfono e a rede móbil. Se
intenta enviar unha mensaxe, colócase na carpeta de Caixa de saída e soamente se
envían cando está activado outro perfil.
Tamén pode utilizar o seu teléfono sen unha tarxeta SIM. Apague o teléfono e retire
a tarxeta SIM. Cando o volva acender, o perfil Desactivado estará activado.
Importante: No perfil Desconectado, non é posible efectuar nin recibir chamadas,
nin utilizar outras funcións que requiran o uso de cobertura de rede móbil. Poderá
efectuar chamadas ao número de emerxencia oficial programado no seu dispositivo.
Para realizar chamadas, primeiro cómpre cambiar a outro perfil.
Cando o perfil fóra de liña estea activado, aínda poderá conectarse a unha rede Wi-
Fi, por exemplo, para ler o seu correo electrónico ou navegar pola Internet. Tamén
poderá utilizar o Bluetooth.
Non esqueza respectar todos os requirimentos de seguridade aplicables.
Uso básico
29