Nokia C6 01 - Activar a entrada de texto preditivo co teclado virtual

background image

Activar a entrada de texto preditivo co teclado virtual
A entrada de texto preditivo baséase nun dicionario incorporado ao que se poden

engadir palabras novas. A entrada de texto preditivo non está dispoñible en todos os

idiomas.

1 Seleccione >

Activar texto preditivo

.

2 Para escribir a palabra desexada, utilice as teclas 2-9. Seleccione cada tecla unha

vez por letra. Por exemplo, para escribir "Nokia" cando está seleccionado o

dicionario de inglés, seleccione 6 para o "N", 6 para o "o", 5 para o "k", 4 para o

"i", e 2 para o "a".
A suxestión da palabra cambia despois de cada selección de tecla.

3 Se a palabra non é correcta, seleccione * varias veces ata que se amose a

coincidencia correcta. Se a palabra non está no dicionario, seleccione

Soletrear

e introduza a palabra mediante o modo de entrada de texto tradicional e

seleccione

Aceptar

.

Se se amosa ? despois da palabra, significa que a palabra non está no dicionario.

Para engadir unha palabra ao dicionario, seleccione *, introduza a palabra

mediante o modo de entrada de texto tradicional e seleccione

Aceptar

.

4 Para introducir un espazo, seleccione 0. Para inserir un signo de puntuación

común, seleccione 1 e, a continuación, seleccione * varias veces ata que se amose

o signo de puntuación correcto.

5 Comece a escribir a seguinte palabra.

Desactivar a entrada de texto preditivo
Seleccione # dúas veces rapidamente.