Nokia C6 01 - Accións na pantalla táctil

background image

Accións na pantalla táctil
Para utilizar o teléfono, prema ou prema prolongadamente a pantalla táctil.

Importante: Evite raiar a pantalla táctil. Nunca utilice bolígrafos, lapis nin demais

obxectos afiados na pantalla táctil.

Abrir unha aplicación ou un elemento
Prema a aplicación ou o elemento.

Prema prolongadamente para ver máis opcións
Coloque o dedo nun elemento ata que se abra o menú.

Exemplo: Para enviar unha imaxe ou borrar unha alarma, prema prolongadamente a

imaxe ou a alarma e, a continuación, seleccione a opción desexada.

Arrastrar un elemento
Manteña tocado o elemento e mova o seu dedo pola pantalla.

20

Uso básico

background image

Exemplo: Pode arrastrar elementos da pantalla Inicio cando estea a organizar o menú

principal.

Esvarar co dedo horizontalmente
Coloque o dedo na pantalla e, a continuación, deslíceo rapidamente na dirección

desexada.

Exemplo: Para cambiar a outra pantalla Inicio, esvare co dedo horizontalmente á

esquerda ou á dereita.

Para desprazarse rapidamente por unha lista longa, deslice rapidamente o dedo

arriba e abaixo sobre a pantalla e, a continuación, levánteo. Para deter o

desprazamento, prema a pantalla.

Uso básico

21

background image

Ampliar e reducir
Coloque dous dedos nun elemento (un mapa, unha foto ou unha páxina web) e deslice

os dedos separándoos ou xuntándoos.

Consello: Tamén pode premer o elemento dúas veces.