Nokia C6 01 - Verbo das chamadas da Internet

background image

Verbo das chamadas da Internet
É posible facer e recibir chamadas mediante a Internet. Os servizos de chamadas da

Internet admiten as chamadas entre ordenadores, entre teléfonos móbiles e entre

un dispositivo VoIP e un teléfono tradicional. O servizo de chamadas de internet é un

servizo de rede.

Algúns fornecedores de servizos de chamadas da Internet permiten efectuar

chamadas da Internet gratis. Para consultar a dispoñibilidade e os custos da

conectividade, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos de chamadas da

Internet.

Para facer ou recibir unha chamada da Internet, cómpre atoparse na zona de servizo

dunha rede Wi-Fi ou ter unha conexión de paquetes de datos (GPRS) nunha rede 3G,

ademais de iniciar sesión nun servizo de chamadas da Internet.