Desviar chamadas á caixa do correo de voz ou a outro número de teléfono
Se non pode responder, pode desviar as chamadas entrantes.
Seleccione >
Axustes
e
Chamando
>
Desvío de chamadas
>
Chamadas de voz
.
O desvío de chamadas é un servizo de rede. Para obter máis información, póñase en
contacto co provedor do servizo de rede.
Desviar chamadas de voz cando non se respondan
Seleccione
Se non responde
>
Activar
>
Á caixa do correo de voz
.
Desvío das chamadas de voz cando se ten unha chamada en curso
Seleccione
Se está ocupado
>
Activar
>
Á caixa do correo de voz
.
46
Teléfono
É posible usar máis dunha opción de desvío ao mesmo tempo.
Desviar todas as chamadas de voz a outro número de teléfono
1 Seleccione
Todas as chamadas de voz
>
Activar
>
A outro número
.
2 Escriba o número. Para utilizar o número gardado na súa lista de contactos,
seleccione
Buscar
.
O desvío e a restrición de chamadas non poden usarse ao mesmo tempo.