Nokia C6 01 - Enviar unha mensaxe

background image

Enviar unha mensaxe
Coas mensaxes de texto e multimedia, pode contactar rapidamente cos seus amigos

e familia. Nunha mensaxe multimedia, pode anexar imaxes, vídeos e clips de son que

desexe compartir.

Seleccione >

Mensaxería

.

1 Seleccione a

.

2 Para engadir o número de teléfono do destinatario de forma manual, insira o

número no campo Para e seleccione a .
Para elixir destinatarios da lista de contactos, seleccione

>

Engadir

destinatario

.

3 Seleccione o campo de entrada de texto, escriba a mensaxe e seleccione a .
4 Para engadir un anexo, seleccione .
5 Seleccione

.

O envío dunha mensaxe cun anexo pode ser máis caro que o envío dunha mensaxe

de texto normal. Para obter máis información, póñase en contacto co seu fornecedor

de servizos.

Pode enviar mensaxes de texto dunha lonxitude superior ao límite de caracteres

correspondente a unha soa mensaxe. As mensaxes que superan ese límite envíanse

coma dúas ou máis mensaxes. O seu fornecedor de servizos aplicará unha tarifa

correspondente ao número de mensaxes enviadas.

Os caracteres con acentos e outros signos de puntuación, ou algúns idiomas ocupan

máis espazo e limitan o número de caracteres que é posible enviar nunha mensaxe.

Se unha mensaxe de texto é moi longa, pode converterse a unha mensaxe multimedia

para activar o envío ao destinatario. Para desactivar esta función, cando escriba a

mensaxe, seleccione a

>

Opcións de envío

>

Tipo de mensaxe

>

Texto

.

Se envía unha mensaxe de texto a un ou máis destinatarios e a información de

contacto dun dos destinatarios é un enderezo de correo no canto dun número de

teléfono, a mensaxe de texto converterase nunha mensaxe multimedia.

Se o elemento inserido nunha mensaxe multimedia é demasiado grande para a rede,

é posible que o dispositivo reduza o tamaño automaticamente.

Só os dispositivos compatibles poden recibir e amosar mensaxes multimedia. É

posible que as mensaxes teñan un aspecto diferente en dispositivos diferentes.