Atopar unha localización
Mapas axúdalle a atopar localizacións e negocios específicos.
Seleccione >
Mapas
e .
1 Introduza os termos da busca, como un enderezo ou o nome dun lugar.
2 Seleccione un elemento da lista de coincidencias propostas.
Amosarase a posición no mapa.
Volver á lista de coincidencias propostas
Seleccione .
Consello: Na vista de busca, tamén pode realizar unha selección na lista de palabras
buscadas previamente.
Buscar tipos diferentes de lugares próximos
Seleccione e unha categoría como transporte, aloxamento ou tendas.
Consello: Pode usar a páxina de detalles dunha situación atopada para navegar
facilmente ata o lugar, ver a súa información de contacto, ou gardar e compartir a
situación. Seleccione o lugar e, a continuación, aparecerá no mapa. Para ver a páxina
de detalles, seleccione a área de información situada na parte superior da pantalla.
No caso de non amosarse ningún resultado da busca, comprobe que as palabras de
busca estean correctamente escritas. Os problemas coa conexión a Internet tamén
poden influír sobre os resultados ao buscar en liña.
Para evitar custos de transferencia de datos, tamén pode obter os resultados de
busca sen estar conectado á Internet. Para poder facelo cómpre ter gardados no
teléfono os mapas da zona onde desexa buscar. É posible que os resultados da busca
estean limitados.
92
Mapas