Inserción da tarxeta SIM
Importante: O dispositivo está deseñado para utilizarse unicamente cunha tarxeta
SIM estándar (consulte a ilustración). O uso de tarxetas SIM non compatibles pode
producir danos na tarxeta ou no dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
Póñase en contacto co seu operador de telefonía móbil para obter información acerca
do uso dunha tarxeta SIM que dispoña dun interruptor mini-UICC.
Introdución
9
Non pegue adhesivos na tarxeta SIM.
1 Deslice a tapa traseira para abrila e retírea.
2 Retire a batería.
3 Para desbloquear o soporte de tarxeta SIM, deslíceo.
4 Levante o soporte da tarxeta SIM e insira a tarxeta SIM. Asegúrese de que a zona
de contacto da tarxeta se atope orientada cara abaixo ao baixar o soporte da
tarxeta SIM.
10
Introdución
5 Baixe o soporte da tarxeta SIM. Para bloquear o soporte da tarxeta SIM, deslíceo.
6 Volva colocar a batería e a súa tapa.