Nokia C6 01 - Instalar Nokia Suite no seu ordenador

background image

Instalar Nokia Suite no seu ordenador

Coa aplicación de PC Nokia Suite pode xestionar contido do seu teléfono e mantelo

sincronizado co seu ordenador compatible. Tamén pode actualizar o teléfono co

software máis recente e descargar mapas.

É posible que se necesite unha conexión a Internet. Se desexa obter información

verbo dos custos dos datos, póñase en contacto co seu provedor do servizo de rede.

Descargue a versión máis recente de Nokia Suite desde www.nokia.com/support no

seu ordenador.

Para obter máis información verbo de Nokia Suite e ver os sistemas operativos cos

que funciona, vaia a www.nokia.com/support.