Realización de chamadas de emerxencia
1
Asegúrese de que o dispositivo estea acendido.
2
Comprobe que a intensidade do sinal é a axeitada. É posible que tamén necesite levar a cabo o seguinte:
•
Insira unha tarxeta SIM no dispositivo.
•
Desactive as restricións de chamadas no dispositivo, como a restrición de chamadas, a marcación fixa ou os
grupos de usuarios pechados.
•
Asegúrese de que o perfil Fóra de liña ou Voo non se atope activado.
•
Se a pantalla e as teclas do dispositivo están bloqueadas, desbloquéeas.
3
Prema a tecla Fin varias veces ata que se amose a pantalla Inicio.
4
Para abrir o marcador, seleccione a
.
5
Insira o número de emerxencia da situación na que se atope. Os números de chamadas emerxencia poden variar en
función da súa localización.
6
Prema a tecla Chamar.
7
Forneza a información necesaria coa maior precisión posible. Non finalice a chamada ata que reciba permiso para
facelo.
Cando acenda o dispositivo por primeira vez, solicitaráselle crear unha conta de Nokia. Para realizar unha chamada de
emerxencia durante a configuración da conta, prema a tecla Chamar.
Importante: Active as chamadas de móbil e da Internet, se o dispositivo admite as chamadas da Internet. O dispositivo
pode intentar efectuar as chamadas de emerxencia a través das redes móbiles e do fornecedor de servizos de chamadas
da Internet. Non se pode garantir que a conexión funcione en todas as condicións. Nunca dependa unicamente dun
dispositivo sen fíos para efectuar comunicacións importantes, como urxencias médicas.