Gardar un número dunha chamada ou mensaxe recibida
Recibiu unha chamada ou unha mensaxe dunha persoa cuxo número de teléfono
aínda non se atopa gardado na lista de contactos? Pode gardar facilmente o número
nunha entrada da lista de contactos nova ou existente.
Gardar un número dunha chamada recibida
1 Na pantalla Inicio, prema a tecla Chamar.
2 Abra a pestana de Chamadas recibidas .
3 Manteña seleccionado un número de teléfono e, no menú emerxente, seleccione
Gardar en Contactos
.
4 Seleccione se desexa crear unha entrada nova na lista de contactos ou actualizar
unha existente.
Gardar un número dunha mensaxe recibida
1 Seleccione >
Mensaxería
.
2 Na lista de Conversas, prema prolongadamente unha mensaxe e, no menú
emerxente, seleccione
Gardar en Contactos
.
3 Seleccione se desexa crear unha entrada nova na lista de contactos ou actualizar
unha existente.