Conectar un dispositivo de almacenaxe masiva USB
Pode usar un adaptador USB On-The-Go (OTG) para conectar o seu teléfono a un
disco duro ou unha chave de memoria USB compatible. Por exemplo, pode gardar as
súas fotos nunha chave de memoria USB sen ter que conectarse a un ordenador.
Conectar unha chave de memoria
1 Conecte o extremo micro-USB do adaptador OTG USB (dispoñible por separado)
ao conectador micro-USB do seu teléfono.
2 Conecte unha chave de memoria ao adaptador OTG USB.
A aplicación Ficheiros abrirase e a tarxeta de memoria amosarase como dispositivo
de memoria masiva.
Copiar un ficheiro
En Ficheiros, prema prolongadamente o ficheiro que desexe copiar e, a continuación,
seleccione a opción desexada, a memoria e a carpeta na que desexe copiar o ficheiro.
Se conecta unha unidade de disco duro que requira máis enerxía da que pode fornecer
o seu teléfono, amosarase unha mensaxe de erro. Necesita conectar un alimentador
de enerxía externo para o disco duro.