Nokia C6 01 - Acerca de Bluetooth

background image

Acerca de Bluetooth

Seleccione >

Axustes

>

Conectividade

>

Bluetooth

.

108 Conectividade

background image

Pode conectarse sen fíos a outros dispositivos compatibles como teléfonos,

ordenadores, auriculares e micro ou kits vehículo.

A conexión pódese utilizar para enviar elementos desde o teléfono, copiar ficheiros

desde o seu ordenador compatible e imprimir ficheiros cunha impresora compatible.

Debido a que os dispositivos con tecnoloxía sen fíos Bluetooth se comunican

mediante ondas de radio, non se teñen que atopar nunha liña visual directa. Non

obstante, cómpre que se atopen como máximo a 10 metros o un do outro, aínda que

a conexión pode sufrir interferencias debido a obstáculos como paredes ou a outros

dispositivos electrónicos.

Cando o teléfono se atopa bloqueado, só se poden establecer conexións con

dispositivos autorizados.

Consello: Tamén pode xestionar as conexións Bluetooth no menú de estado. Para

abrir o menú de estado, pase o dedo cara a abaixo dende a área de notificación e, a

continuación, seleccione

Bluetooth

. Se Bluetooth non aparece en pantalla, seleccione

.

Consello: Pode engadir un widget Bluetooth á pantalla Inicio. Para activar ou

desactivar rapidamente o Bluetooth, seleccione o widget.

Utilizar o dispositivo en modo oculto é un modo máis seguro de evitar o software

daniño. Non acepte solicitudes de conexións Bluetooth de fontes non fiables. Tamén

pode desactivar a función Bluetooth se non a utiliza.