Códigos de acceso
Código PIN ou PIN2
(4-8 díxitos)
Estes protexen a súa SIM de usos non autorizados ou son
necesarios para acceder a algunhas funcións.
Pode configurar o teléfono para que pregunte polo código PIN
cando o acenda.
Se os códigos non se fornecen coa tarxeta ou esqueceunos,
póñase en contacto co provedor do servizo.
Se escribe o código incorrectamente tres veces seguidas, terá
que desbloquealo co código PUK o PUK2.
Código PUK ou PUK2
(8 díxitos)
Estes requírense para desbloquear o código PIN ou o PIN2.
Se non se fornecen coa súa SIM, póñase en contacto co seu
provedor do servizo.
Número da IMEI
(15 díxitos)
Este número utilízase para identificar teléfonos válidos na
rede. O número tamén se pode utilizar para bloquear, por
exemplo, teléfonos roubados. Podería ser necesario dar o
número aos servizos de Nokia Care.
Para ver o número IMEI, marque *#06#.
Código de bloqueo
(código de
seguridade)
(mín. 4 díxitos ou
caracteres)
Este código axúdalle a protexer o teléfono contra o uso non
autorizado.
Pode configurar o teléfono para que pregunte polo código de
bloqueo que defina.
Garde o código nun lugar secreto e seguro lonxe do teléfono.
Se esquece o código e o teléfono se bloquea, será necesario
acudir ao servizo técnico. É posible que se apliquen tarifas
adicionais e que se eliminen todos os datos persoais do
teléfono.
Para obter máis información, póñase en contacto con Nokia
Care ou co distribuidor do teléfono.