Nokia C6 01 - Gardar información de situación das fotos e vídeos

background image

Gardar información de situación das fotos e vídeos
Se desexa lembrar onde estaba cando tomou unha foto ou gravou un vídeo en

particular, pode axustar o seu teléfono para que grave automaticamente a situación.

Prema a tecla da cámara.

A información de situación pode achegarse a unha foto ou a un vídeo se a súa situación

se pode determinar a través da rede e do GPS. Se comparte unha foto ou un vídeo

que conteña información de situación, esta información poderá estar visible para

outras persoas que visualicen a foto ou o vídeo. Pode desactivar o xeoetiquetado nos

axustes da cámara.

Activar a gravación de situación
Seleccione

> >

Gardar inform. de situación

>

Si

.

É posible que se tarden varios minutos en obter as coordenadas da súa localización.

A dispoñibilidade e a calidade dos sinais de GPS pode verse afectada pola súa

localización, polas posicións do satélite, polos edificios, polos obstáculos naturais,

polas condicións meteorolóxicas e os axustes nos satélites GPS efectuados polo

70

Cámara

background image

goberno dos Estados Unidos. É posible que os sinais de GPS non estean dispoñibles

no interior de edificios ou en pasos subterráneos.

Non utilice o GPS para a medición dunha situación precisa e non debe depender só

dos datos de situación fornecidos polo GPS nin polas redes móbiles.

Indicadores de información de localización:

— A información de localización non está dispoñible. A información de localización

pode que non se garde nas fotos ou vídeos.

— A información de localización está dispoñible. A información de localización

gárdase nas fotos ou vídeos.