Consellos sobre fotos e vídeos
Para abrir a cámara, prema a tecla da cámara.
Para tomar unha foto:
•
Utilice as dúas mans para evitar que a cámara se mova.
•
Ao ampliar, a calidade da foto pode degradarse.
•
Pode engadir unha foto a un contacto da lista de contactos. Despois de tomar a
foto, seleccione
>
Usar imaxe
>
Asignar ao contacto
. Mova o marco para
recortar a foto, prema a pantalla para amosar a barra de ferramentas, seleccione
e, a continuación, seleccione o contacto e .
•
Se non usa a cámara durante un minuto, pasa ao modo de repouso. Para activar
a cámara, prema brevemente a tecla da cámara.
Manteña unha distancia de seguridade cando utilice o flash. Non utilice o flash para
tomar imaxes de persoas ou animais situados a pouca distancia. Non cubra o flash
durante a toma de fotos.
Durante a gravación dun vídeo:
Cámara
69
•
Para obter os mellores resultados posibles, peche as aplicacións abertas antes
de realizar a gravación.
•
Se desexa gravar vídeos nunha tarxeta de memoria, para obter o mellor
rendemento posible, utilice unha tarxeta microSD compatible, rápida e de alta
calidade. Recoméndase a tarxeta microSD de clase 4 (32 Mbit/s (4 MB/s)) ou
superior.
Antes do primeiro uso, realice unha copia de seguridade dos datos importantes
que contén a tarxeta e utilice o teléfono para formatar a tarxeta, aínda que xa se
formatase ou utilizase previamente nun teléfono Nokia. O formatado provoca a
eliminación de todo o contido da tarxeta.
Se o rendemento da tarxeta de memoria se deteriora co tempo, realice unha copia
de seguridade do contido importante da tarxeta e utilice o teléfono para
formatala.