Compartir unha foto ou vídeo directamente desde a cámara
Desexa compartir a foto ou o vídeo cos seus amigos? Cárguea nun servizo de redes
sociais.
Para abrir a cámara, prema a tecla da cámara.
Despois de tomar unha foto ou gravar un vídeo, seleccione e, a continuación, siga
as instrucións que se amosan no teléfono.
Cámara
71
A primeira vez que cargue unha foto ou un vídeo nunha rede social, deberá iniciar
sesión no servizo. A continuación, o servizo engádese á lista de servizos compartidos
do teléfono.
Non todos os servizos de redes sociais admiten todos os formatos de ficheiro ou
vídeos gravados en alta calidade.