Facer copias de seguridade das fotos
Desexa asegurarse de que non perderá ningunha foto importante? Pode utilizar Nokia
Suite para facer unha copia de seguridade das fotos nun ordenador compatible.
1 Conecte o teléfono a un ordenador compatible cun cable USB compatible.
Se está a copiar entre unha tarxeta de memoria no teléfono e un ordenador,
asegúrese de que a tarxeta estea inserida no teléfono.
2 Abra Nokia Suite no ordenador e, a continuación, siga as instrucións que se
amosan en Nokia Suite sobre como sincronizar Galería.